Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de setembro de 1953 (70 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Ideoloxía política | Anarquismo |
Educación | Universidade Wesleyana CUNY Graduate School and University Center (en) Walnut Hills High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Municipalismo libertário (pt) , ecoloxía social e ecofeminismo |
Ocupación | escritora , Ecofeminista , artista gráfica , impresor , ecoloxista |
Lingua | Inglés estadounidense |
Obra | |
Obras destacables | |
Arquivos en | |
Janet Biehl, nada o 4 de setembro de 1953, é unha anarquista estadounidense e unha das autoras máis salientables da ecoloxía social. En 1986 comeza a súa colaboración no Instituto para a Ecoloxía Social, onde se volveu colega de Murray Bookchin, traballando intensamente xunto a el as seguintes dúas décadas en ampliar a formulación, definición e explicación das ideas polas que son mundialmente recoñecidos.
De 1987 a 2000 publicaron en coautoría Green Perspectives, logo denominada Left Green Perspectives. Escribiu e editou numerosos libros e artigos que interpretan e avogan polas ideas do municipalismo libertario, a ecoloxía social e o ecofeminismo, e que até a data teñen unha enorme influencia sobre o movemento libertario. O seu libro The Politics of Social Ecology condensa as ideas de Bookchin sobre democracia directa. O mesmo Bookchin consideraba a The Murray Bookchin Reader, que ela editaba, a mellor introdución ó seu traballo.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search